miércoles, 30 de abril de 2008

concretos

Image Hosting by Picoodle.com

lunes, 7 de abril de 2008

o cavalo económico

Do mesmo xeito que ensaia varias técnicas na súa faceta artística, Anxo Pastor mestura en O cavalo económico (1998) textos breves con outros máis longos nunha prosa poética imbuída dun fondo lirismo que fai dos retallos desta obra pequenas aportacións para unha filosofía vital afastada do grandilocuente e que deita luz sobreas cousas pequenas e sinxelas que, como sombras fértiles, se fan donas dos poemas. Do mesmo xeito que o eu poético do primeiro texto -"A sombra fértil"- prefire, antes que cazalas, espiar ás sombras para entender a súa materia etérea -algo deteriorada na uniformización estéril imperante nos nosos tempos-, o autor opta pola observación interiorizada dos feitos como maneira fecunda de construír un imaxinario propio ondenon importan tanto os corpos como a luz que estes deitan, a súa sombra. Así, di Eu não caço sombras, não as persigo nem as saboreio como M., observo-as simplesmente, ou melhor, espio-as, mas não é fácil, a maioria das sombras costumam ser assustadiças. Agora assiste-se a uma grande decadência das sombras, raças inteiras de sombras até já desapareceram.A rebelión das palabras que se negan a transmitir mensaxes manidas ata o punto de cobrar vida propia ("Meada de palabras"), a búsqueda de algo diferentecapaz de facer tremer os fíos da nosa cordura aportando unha nota distinta que nos rompa a monocordia vital ("O orfão de madeira"), o rexeitamento da uniformización clónica que dará orixe a unha raza de xenios pero tamén de autómatas ("Os génios")ou o acomodatismo que propicia a clausura da nosa verdadeira natureza ata obrigalaa mutar e morrer como o berro que esmorece na gorxa do protagonista de "O rugido", teñen cabida na prosa poética de Anxo Pastor que ten como principal característica a de rexirse -como o texto que dá título ó libro- polo principio da economía, da concisión: É um cavalo económico e de uma grande fidelidade, é capaz de galopar com as suas três patas como o de quatro e ir muito mais longe. Do alto da garupa, o ginete também economiza, economiza movimentos desnecessários, economiza paisagens tentadoras, distracções, mesmo pelo seu pálido aspecto se pode ver que economiza luz.Con ton lento e lírico o poeta vai traendo á superficie a súa reflexión sobre oque o rodea tal unha toupeira que ascende polas paredes do seu tobo para abrirse áluz das novas experiencias. O relativismo con que se contempla todo e os cambios de perspectiva tan afastados do punto de vista habitual culminan neses "Golpes de vento" que pechan o libro como "pensamentos con soluços", como "voos de mosca" que van e veñen con liberdade extrema. Pequenos flashes que nos rodean nunha maraña de sensacións diverxentes, económicas e concentradas no aspecto lingüístico ata chegar ó aforismo. Con esas "palavras convertidas em ladrilhos, em paredes" constrúe AnxoPastor a súa casa poética.

Teresa Seara